jueves, 8 de abril de 2021

Insectos

Coa chegada da primavera comezan a florecer as flores e podemos atopar moitos insectos no campo. ¡A India gústanlle moito! Hoxe no cole investigamos sobre algún deles e coñecemos os seus nomes. Algún son raros!.... Despois xogamos a un memory de insectos. 




jueves, 4 de marzo de 2021

Os Bichiños

Agora tócalle o turno aos insectos que podemos atopar no campo. No cole elaboramos un gran mural co título "Os bichiños do CRA de Ribadumia". Cada neno fixo o seu insecto con rolos de papel hixiénico e logo pegoulle a súa foto.

¡Que chulo nos quedou!






miércoles, 24 de febrero de 2021

Os animais de Rosalía de Castro

Aproveitando as propostas didácticas do Seminario Galán, fixemos unha ficha onde cada alumno debuxou o seu animal preferido. Tamén puidemos coñecer diferentes animais que aparecen nos poemas de Rosalía de Castro.




sábado, 30 de enero de 2021

Día da paz

O 30 de xaneiro é o Día da Paz e a non Violencia. Este ano fixemos un mural coas fotos do noso alumnado e as súas mascotas. Estivemos debatindo sobre os dereitos dos animais e logo fixemos unha pequena lista coas conclusións obtidas.





lunes, 21 de diciembre de 2020

As nosas mascotas

Queremos que os nosos alumnos respeten os animais e sexan responsables tamén no coidado das súas mascotas. Para iso, cada neno trouxo unha foto da súa mascota e fixemos un pequeno libriño onde falamos dos seus coidados e como eles podían axudar.





martes, 10 de noviembre de 2020

Bingo de animais

 Para coñecer máis sobre os animais, fixemos un bingo con diferentes imaxes destes. Que ben o pasamos xogando e aprendendo!






martes, 13 de octubre de 2020

Plan proxecta - Protexe os animais

Este ano participamos no plan proxecta que leva por título "Protexe os animais". Queremos que os nosos alumnos respeten os animais e se responsabilicen do seu coidado.


Comezamos o traballo investigando sobre eles, para elo elaboramos un xogo de asociación onde había que emparellar cada animal coa súa pegada. Algunhas foron moi doadas pero outras non tanto!