lunes, 21 de diciembre de 2020

As nosas mascotas

Queremos que os nosos alumnos respeten os animais e sexan responsables tamén no coidado das súas mascotas. Para iso, cada neno trouxo unha foto da súa mascota e fixemos un pequeno libriño onde falamos dos seus coidados e como eles podían axudar.





martes, 10 de noviembre de 2020

Bingo de animais

 Para coñecer máis sobre os animais, fixemos un bingo con diferentes imaxes destes. Que ben o pasamos xogando e aprendendo!






martes, 13 de octubre de 2020

Plan proxecta - Protexe os animais

Este ano participamos no plan proxecta que leva por título "Protexe os animais". Queremos que os nosos alumnos respeten os animais e se responsabilicen do seu coidado.


Comezamos o traballo investigando sobre eles, para elo elaboramos un xogo de asociación onde había que emparellar cada animal coa súa pegada. Algunhas foron moi doadas pero outras non tanto!






lunes, 8 de junio de 2020

Estimulación oral

Estimulación oral da linguaxe.

Hola nenos, aquí vos deixo uns dados que podedes elaborar na vosa casa para xogar a contar historias. É moi doado, solo tendes que tirar o dado e deixar que a vosa imaxinación comence a crear unha fabulosa historia.



jueves, 21 de mayo de 2020

DISCRIMINACIÓN DE SINFÓNS

DICRIMINACIÓN DE SINFÓNS
Esta semana vamos a traballar a discriminación das sílaba trabadas. Nestas o fonema medio pode se /r/ ou /l/. Deste xeito traballaremos a conciencia fonolóxicas mediante pictogramas teredes que sinalar a sílaba correspondente según o modelo.














domingo, 17 de mayo de 2020

O telescopio de Marta
Ola nenos e nenas, mirade que telescopio mais chulo fixo Marta!!!!!
Será capaz de ver as estrelas con el?
Moitas grazas a Marta e a súa familia por enviar a foto.
Un bico enorme!!!

martes, 12 de mayo de 2020

DISCRIMINACION DOS FONEMAS /Z/ E /S/.

Hola nenos e nenas, esta semana imos a traballar cos fonemas /z/ e /s/.
Aquí vos deixo material para que practiquedes.

miércoles, 6 de mayo de 2020



Dende o departamento de igualdade do CIM do Salnés están a traballar no deseño de material informativo e formativo dirixido ao alumnado e familias
Remitimos en arquivo adxunto un dossier  PINTA E COLOREA EN IGUALDADE que deseñaron para loitar contra os esterotipos de xénero nas profesións e o fomento da corresponsabilidade no fogar.



lunes, 4 de mayo de 2020

TELESCOPIO HUBBLE.

Hola nenos e nenas, sabíades que o telescopio Hubble foi posto e órbita o 24 de abril de 1990? 
Pois si e este ano cumplese 30 anos de iso.
Aquí podedes ver un video do seu lanzamento.



E aquí podedes ver algunhas das marabillosas imaxes que capturou este famoso telescópio.



Que vos parece se vos facedes o voso propio telescopio na casa? Animádevos e mandade algunha foto, vale?
Aquí vos deixo un tutorial de cómo se pode elaborara un.


Un beso grande para todas e todos!!!! 

jueves, 30 de abril de 2020

Xogo do spinner fonético



Hola nenos e nenas, aquí vos traio un xogo novo. A vos gústavos o “spinner”? 
Fai un tempo estivo moi de moda este xoguete e recordo que moitos de vos o tíñades.
Pois ben, a idea é facer xirar o Spinner e mentes non para ir dicindo as palabras da ficha que levan o fonema R, a ver quen  di máis!
Outra variante a podedes facer vos na casa buscando obxectos ou xoguetes que teñan o fonema que vos queirades.
Tamén o podemos colocar no medio da ficha e facerlle una marca ao spinner como una frecha e cando remate de xirar ver cara onde apunta e dicir o nome do debuxo.
Que vos parec, animádevos a xogar? 


martes, 28 de abril de 2020

Aprendemos na casa

Aprendemos na casa.
Bos días, dende o departamento de orientación traémosvos unha iniciativa para ver contos e viaxar a museos dende a nosa casa.
Esperamos que vos guste!



lunes, 27 de abril de 2020

Fonema /r/ suave.

Fonema /r/ suave.
Hola de novo nenos e nenas.
Hoxe imos a traballar o son do /r/ suave. Para iso vamos a decir as palabras que aparecen nestes lotos que podemos atopa no portal de ARASAAC.

viernes, 24 de abril de 2020

Departamento de Orientación

Aquí vos deixamos uns enlaces dende o Departamento de Orientación, con ideas interesantes para facer na casa.
Boa fin de semana!!!!


Se queres descargar este documento fai clic aquí

martes, 21 de abril de 2020

Lingua revoltosa.

 LINGUA REVOLTOSA.
Hola nenos e nenas, acordádevos da canción da lingua revoltosa?
Aquí vos deixo o video para que a cantedes e poñades a traballar a lingua, que vos parece?
Veña, alá imos!


lunes, 20 de abril de 2020


Hola de novo nenos,  esta semana imos a traballar a articulación dos fonemas que nos custa mais, como é o caso do /r/ tanto o seu son forte como o suave e tamén nas sílabas trabadas.
Veña ánimo que seguro que xa vos sae mellor!!!!






Unha actividade que podedes facer na casa é a de ir buscando obxectos que conteñan o /r/ forte no seu nome.
Veña, a ver cantas cousas atopades!!!!!

jueves, 16 de abril de 2020

Hola nenos, xa comenzou o terceiro trimestre e aínda nos podemos ir ao cole nin sair de casa, pero non pasa nada, sabemos que así estamos máis seguros na casiña e deste xeito non enfermamos.
Estos días estamos a ter moitas emocións que nos poden confundir como medo a enfermar, enoxo por non poder sair da casa, tristeza por non ver aos nosos amigos… Acordádevos da película “Del revés”, o curso pasado leveivos o conto e os personaxes ao cole, estas representaban as emocións.
Aquí vos deixo un enlace para practicar as praxias con eles.


Tamén vos deixo unas actividades que podedes facer na casa, espero que vos gusten.

Nesta actividade podemos facer unhas marionetas coas personaxes da peli e xogar a imitar as emocións que representan.





Aquí vos deixo unha ficha para que coloreedes as personaxes.




Con este dado podedes xogar a tiralo e dramatizar unha escea según a emoción que nos tocou.


Aquí tendes unha imaxe coas que podedes facer un memory.





jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO.



Hoxe 2 de abril celébrase o día mundial do autismo e dende a aula de AL quérovos propoñer esta actividade para facerlo máis visible e apoiar a tódalas persoas con TEA.

lunes, 10 de febrero de 2020

2019-20 Plan Proxecta Voluntariado Miúdo: Os 3R

Plan Proxecta Voluntariado Miúdo: Os 3R

Este curso, o noso cole participa no Plan Proxecta Voluntariado miúdo: Os 3R.
Dende a aula de AL traballamos a importancia que ten saber reutilizar, reciclar e reducir co fin de que o noso planeta esté o mais limpo posible.
Aproveitando que estamos a traballar o proxecto do universo, elaboramos un foguete espacial con materiais de refugallo como os rolos de papel hixiénico e recortes de tiras de papel que tiñamos pola clase.  Despois os colocamos nun mural na sede do noso cole. 
Que bonito nos quedou!!!!



lunes, 20 de enero de 2020

2019-20: Plan Proxecta: Alimentate Ben

Plan Proxecta: Alimentate Ben
Este curso seguimos participando no Plan Proxecta: Alimentate Ben, co fin de concienciarnos da importancia qie ten unha boa alimentación para a nosa saúde.
Na aula de AL fixemos un xogo coa nosa ruleta, nela aparecian difentes alimentos que tiñamos tamén en cartóns come se fose un bingo. Cada vez que a ruleta xiraba e se paraba nun alimento e se aparecía  no noso catón o marcábamos. Tamén íamos dicindo se dito alimento era saudable ou non.