jueves, 30 de abril de 2020

Xogo do spinner fonético



Hola nenos e nenas, aquí vos traio un xogo novo. A vos gústavos o “spinner”? 
Fai un tempo estivo moi de moda este xoguete e recordo que moitos de vos o tíñades.
Pois ben, a idea é facer xirar o Spinner e mentes non para ir dicindo as palabras da ficha que levan o fonema R, a ver quen  di máis!
Outra variante a podedes facer vos na casa buscando obxectos ou xoguetes que teñan o fonema que vos queirades.
Tamén o podemos colocar no medio da ficha e facerlle una marca ao spinner como una frecha e cando remate de xirar ver cara onde apunta e dicir o nome do debuxo.
Que vos parec, animádevos a xogar? 


martes, 28 de abril de 2020

Aprendemos na casa

Aprendemos na casa.
Bos días, dende o departamento de orientación traémosvos unha iniciativa para ver contos e viaxar a museos dende a nosa casa.
Esperamos que vos guste!



lunes, 27 de abril de 2020

Fonema /r/ suave.

Fonema /r/ suave.
Hola de novo nenos e nenas.
Hoxe imos a traballar o son do /r/ suave. Para iso vamos a decir as palabras que aparecen nestes lotos que podemos atopa no portal de ARASAAC.

viernes, 24 de abril de 2020

Departamento de Orientación

Aquí vos deixamos uns enlaces dende o Departamento de Orientación, con ideas interesantes para facer na casa.
Boa fin de semana!!!!


Se queres descargar este documento fai clic aquí

martes, 21 de abril de 2020

Lingua revoltosa.

 LINGUA REVOLTOSA.
Hola nenos e nenas, acordádevos da canción da lingua revoltosa?
Aquí vos deixo o video para que a cantedes e poñades a traballar a lingua, que vos parece?
Veña, alá imos!


lunes, 20 de abril de 2020


Hola de novo nenos,  esta semana imos a traballar a articulación dos fonemas que nos custa mais, como é o caso do /r/ tanto o seu son forte como o suave e tamén nas sílabas trabadas.
Veña ánimo que seguro que xa vos sae mellor!!!!






Unha actividade que podedes facer na casa é a de ir buscando obxectos que conteñan o /r/ forte no seu nome.
Veña, a ver cantas cousas atopades!!!!!

jueves, 16 de abril de 2020

Hola nenos, xa comenzou o terceiro trimestre e aínda nos podemos ir ao cole nin sair de casa, pero non pasa nada, sabemos que así estamos máis seguros na casiña e deste xeito non enfermamos.
Estos días estamos a ter moitas emocións que nos poden confundir como medo a enfermar, enoxo por non poder sair da casa, tristeza por non ver aos nosos amigos… Acordádevos da película “Del revés”, o curso pasado leveivos o conto e os personaxes ao cole, estas representaban as emocións.
Aquí vos deixo un enlace para practicar as praxias con eles.


Tamén vos deixo unas actividades que podedes facer na casa, espero que vos gusten.

Nesta actividade podemos facer unhas marionetas coas personaxes da peli e xogar a imitar as emocións que representan.





Aquí vos deixo unha ficha para que coloreedes as personaxes.




Con este dado podedes xogar a tiralo e dramatizar unha escea según a emoción que nos tocou.


Aquí tendes unha imaxe coas que podedes facer un memory.





jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO.



Hoxe 2 de abril celébrase o día mundial do autismo e dende a aula de AL quérovos propoñer esta actividade para facerlo máis visible e apoiar a tódalas persoas con TEA.