lunes, 10 de febrero de 2020

2019-20 Plan Proxecta Voluntariado Miúdo: Os 3R

Plan Proxecta Voluntariado Miúdo: Os 3R

Este curso, o noso cole participa no Plan Proxecta Voluntariado miúdo: Os 3R.
Dende a aula de AL traballamos a importancia que ten saber reutilizar, reciclar e reducir co fin de que o noso planeta esté o mais limpo posible.
Aproveitando que estamos a traballar o proxecto do universo, elaboramos un foguete espacial con materiais de refugallo como os rolos de papel hixiénico e recortes de tiras de papel que tiñamos pola clase.  Despois os colocamos nun mural na sede do noso cole. 
Que bonito nos quedou!!!!