jueves, 16 de abril de 2020

Hola nenos, xa comenzou o terceiro trimestre e aínda nos podemos ir ao cole nin sair de casa, pero non pasa nada, sabemos que así estamos máis seguros na casiña e deste xeito non enfermamos.
Estos días estamos a ter moitas emocións que nos poden confundir como medo a enfermar, enoxo por non poder sair da casa, tristeza por non ver aos nosos amigos… Acordádevos da película “Del revés”, o curso pasado leveivos o conto e os personaxes ao cole, estas representaban as emocións.
Aquí vos deixo un enlace para practicar as praxias con eles.


Tamén vos deixo unas actividades que podedes facer na casa, espero que vos gusten.

Nesta actividade podemos facer unhas marionetas coas personaxes da peli e xogar a imitar as emocións que representan.





Aquí vos deixo unha ficha para que coloreedes as personaxes.




Con este dado podedes xogar a tiralo e dramatizar unha escea según a emoción que nos tocou.


Aquí tendes unha imaxe coas que podedes facer un memory.





No hay comentarios:

Publicar un comentario